top of page
Khaled Hourani, “The Colours of the Palestinian Flag” (2013), silkscreen (courtesy the art
Texto Logo.png
Watermelon Flag, Khaled Hourani

​Cúmprense 20 anos desde que a Fundación Araguaney-Puente de Culturas puxo en marcha o Festival de Cine Euroárabe Amal, a iniciativa cultural cinematográfica máis importante e máis lonxeva do audiovisual sobre o mundo árabe.

Esta cita coa reivindicación social, a tolerancia e a concordia dos pobos, foise consolidando como un referente que, ademais, fideliza espectadores de todas as idades, xerando un debate crítico e actual sobre o mundo árabe e a súa achega á cultura universal.

 

​Nesta edición tan especial queremos compartir a obra do artista palestino Khaled Hourani, unha obra cunhas cores que contan a difícil situación e o orgullo do pobo palestino ao longo de xeracións.

A “BANDEIRA DA SANDÍA”de Khaled Hourani

En 1967, tras a Guerra dos Seis Días, prohibiuse a bandeira palestina e a sandía converteuse nunha forma de burlar a prohibición das cores nacionais. Os cidadáns palestinos levaban anacos de sandía por todo o territorio como sinal de protesta.

En 1980 as forzas israelís arrestaron os artistas Nabil Anani, Sliman Mansour e Isam Bader e clausuraron a súa exposición nunha galería de Ramallah, por violar esta orde militar. Prohibíronlles non só pintar a bandeira palestina, senón tamén usar as súas cores na súa arte, “O oficial alzou a voz e dixo: incluso se debuxas unha sandía, será confiscada”, comentou Mansour. 

Hourani inspirouse nesta frase e creou a obra “Watermelon Flag” para o proxecto artístico “Subjective Atlas of Palestine, 2007”.

O ano pasado, debido a unha maior censura de publicacións palestinas e relacionadas con Palestina, algúns activistas utilizaron emojis de sandía como alternativa visual á bandeira para evadir os algoritmos de censura sionistas e as prohibicións virtuais das redes sociais.

Logos Amal21.png
Info
carrito.png
  • White Facebook Icon
  • White Twitter Icon
Logo Filmin

Semana de Cine Euro-Árabe Amal

Email: arte@araguaney.com | Tel: +34 981-559-612

¡Tus datos se enviaron con éxito!

bottom of page