



PROGRAMACIÓN
DESCARGA AQUÍ
PROGRAMA COMPLETO
XORNADA
INAUGURAL
LUNS 26 DE OUTUBRO - 20.00H.
Teatro Principal
THE VOICE
OF HIND
RAHAB
Kaouther Ben Hania
2025 | Palestina | 89’
29 de xaneiro de 2024. As persoas voluntarias da Media Lúa Vermella reciben unha chamada de emerxencia. Unha nena de seis anos está atrapada nun coche baixo o fogo en Gaza e suplica que a rescaten. Mentres intentan mantela ao teléfono, fan todo o posible por enviarlle unha ambulancia. O seu nome: Hind Rajab.
Coloquio co actor protagonista Motaz Malhees
MARTES 27 DE OUTUBRO - 21.00H.
Teatro Principal
TODOS
SOMOS GAZA (DOC)
Hernán Zin
2025 | España | 90’
Todos somos Gaza documenta cronoloxicamente a violencia exercida contra a poboación civil palestina desde o 7 de outubro de 2023. A través do traballo de reporteiros, cineastas e xornalistas palestinos, preserva a memoria das vítimas e volve ás vidas dos protagonistas de Nacido en Gaza (2014), hoxe atrapados entre a fame, as bombas e a devastación.
MÉRCORES 28 DE OUTUBRO - 21.00H.
Teatro Principal
PALESTINE 36
Annemarie Jacir
025 | Palestina | 119‘
1936. Mentres Palestina se rebela contra o dominio británico, Yusuf móvese entre o seu fogar rural e a axitación de Xerusalén, soñando cun futuro en paz. Pero a chegada de xudeus que foxen do antisemitismo europeo e o prolongado levantamento palestino precipitan a rexión cara a unha colisión inevitable.
Coloquio co actor protagonista Karim Anaya
XOVES 29 DE OUTUBRO - 21.00H.
Teatro Principal
ONCE UPON
A TIME
IN GAZA (FIC)
Tarzan E Arab Nasser
2025 | Palestina | 87‘
Khaled Jarrar segue a unha anciá palestina no seu segundo desprazamento, de Damasco a Europa pola ruta dos Balcáns. Acompañando a Nadira e á súa familia, o director vincula a súa propia memoria de infancia coa transmisión de traumas colectivos, preguntándose polo sentido do fogar, a pertenza e a identidade.
VENRES 30 DE OUTUBRO - 21.00H.
Teatro Principal
ALL THAT'S
LEFT OF YOU(FIC)
Annemarie Jacir
025 | Palestina | 119‘
Documental sobre as protestas estudantís solidarias con Palestina en 2024, iniciadas na Columbia University e estendidas globalmente. Mostra a represión e os campamentos, mais tamén a forza dun movemento internacional que reclama xustiza e responsabilidade institucional.


CARTA
DO DIRECTOR
Ghaleb Jaber Martínez
Desde hai máis de vinte anos, AMAL tende pontes entre Galicia e o mundo árabe a través do cine e da cultura. Hoxe é tamén un espazo de encontro, reflexión e compromiso coa diversidade cultural.
En 2026, AMAL dedica a súa programación ao cine palestino. A través das súas películas achegámonos a Palestina desde a mirada de quen conta as súas propias historias, poñendo o foco nas persoas, nas súas vivencias e nunha cultura que permanece viva malia décadas de ocupación, desprazamento e violencia.
Este ano queremos que AMAL estea máis presente ca nunca en Compostela: que saia das salas e chegue ás rúas, aos comercios e aos espazos culturais da cidade. Porque a cultura non pertence unicamente aos escenarios nin ás pantallas, senón que forma parte da nosa vida cotiá.
A cultura palestina ocupa o centro desta edición porque cremos que a memoria tamén é unha forma de resistencia. Cada película, canción, bordado e historia contribúe a preservar unha identidade que outros intentan borrar. Fronte á destrución e ao esquecemento, a cultura permite contar, lembrar e existir.
Achegámonos a Palestina non como unha realidade afastada, senón desde os ecos e sensibilidades que conectan Galicia coa súa realidade cultural e humana. Palestina é tamén cine, literatura, música, arte, tradición e futuro. É unha sociedade viva que crea, imaxina e resiste.
Grazas a todas as persoas, institucións, entidades colaboradoras e profesionais que fan posible unha nova edición de AMAL. Desexamos que o festival siga sendo un lugar para descubrir novas miradas, compartir historias e comprender un pouco mellor o mundo que habitamos
Existir é Resistir
Ghaleb Jaber Martínez,
Director da Semana de Cine Euroárabe Amal.













